Tenue : An​á​basis

Тексты песен


1. NARRENTURM

Patoloxizaron a diferencia para establecernos en pequenos redutos, imposibilitándonos volver a unir os nosos anacos. A realidade atravesa a nosa pel, abrindo gretas no inconsciente. Os nosos escudos oxidan: os cortes desangran a psique. Nós, incapaces de lidar co que temos diante - incapaces de asumir a nosa fraxilidade -, converteremos o noso interior nun campo de minas. Amontoamos as ausencias, as perdas, os mortos. Somos a herdanza de mil espadas cravadas no peito das nosas irmás. Nacidas baixo o xugo da cultura máis violenta, fomos obrigadas a alimentar as entrañas do monstro. Anuladas baixo a incuestionable sombra da normalidade, negamos o noso potencial. Fomos encerradas, humilladas e drogadas. Agredidas e encadeadas. Golpeadas e asasinadas tras os muros. Silenciadas e apartadas. ¿Que faremos co que fixeron de nós? Non queremos máis promesas dun mundo mellor: so indendiar o presente.


2. MYTHOS

De que serviría destruír o Estado se o Estado somos nós. Se cada golpe que damos contra o muro non consegue nin rabuñar a nosa superficie. Fillas da miseria dos nosos pais, acostumadas a establecer as nosas relacións a golpes. A nosa necesidade de ser máis que os outros fai que nos desvaloricemos con cada xesto. A maior violencia exercémola nós. A maior violencia é contra nós. Nada mudará ata que tiremos abaixo os mitos que modelan a nosa psique. Ata que nos desprendamos desta moral estancada. Ata matar ao primeiro inimigo. Só entón poderemos sorrir mentres afunde o estado.


3. CISMA

Obsesionadas coa idea de pertencer, a nosa existencia oscila entre o automatismo e a inacción. Individuos reducidos a resortes, relacións convertidas en mercadoría. O potencial revolucionario do afecto desvanécese. Transaccións, dor, pastillas. Así se abriron as fendas dos nosos corazóns. A razón apuñala; a soidade devora. As nosas guerras tamén provocan cismas. O fascismo da utilidade produtiva perfila as condicións da traxedia. ¿Quen determina o que vales? ¿Quen dirixe o que sentes? Mil corvos deixarán cegos os ollos do gran arquitecto. Non haberá xuíces, non haberá templos. Todas as barricadas do mundo arderán ao mesmo tempo.


4. VERTIXE

Aprecio cada segundo desta caída porque estamos xuntas - vivindo ao borde do colapso, revertemos os límites, correndo a escuras con mistos nas mans - e, aínda que sinta unhas cóxegas terribles nas pernas que me fan tremer a cada paso, non retrocederei. Porque aínda sorrimos a pesar da vertixe e quizais... coidarnos sexa o máis político que podemos facer. Se nos damos a man terei menos medo, pero estarei ben se os nosos camiños se separan. Prométocho.


5. CARNE

¿Como delimitar os trazos da nosa abstracción? Facela carne. Facela sangue. Des-debuxar as liñas que perfilan a subxectividade do poder: rematar co control. Perdémonos na crisálida das palabras: mil teorías soportan os pilares do baleiro e os muros seguen intactos. Afecto, alimento e refuxio. Nada máis fará falta. Nada nos faltará máis. Para todxs, todo.


6. SILENCIO

Os decorados derrúbanse, patético espectáculo. A opacidade do velo racha polos cortes do puñal, pero ninguén mira, pois os ollos inundaríanse ante a barbarie. Filtramos a información á que accedemos, incapaces de asumir o nivel de violencia que xeramos. Vivimos pola morte de outrxs, pola sangue de outrxs, pola suor de outrxs. Desesperaríamos só de pensalo profundamente durante trinta segundos. Nada pode xustificar este mundo e a súa entelequia. Se gardásemos silencio durante trinta segundos escoitaríamos os berros enxordecedores de cada pobo anulado polo terror do estado; de cada corpo desgarrado polas atrocidades do patriarcado; de cada cerebro consumido pola vida asfixiante do traballo asalariado; de cada animal engaiolado polo hedonismo humano. Só trinta segundos en silencio, escoitando co corazón na man. A ansiedade sería insoportable.


7. AM-AR

Recoñecer o traballo como destrutor do individuo e da súa vontade converte os nosos días nunha guerra. A alienación convertida en orgullo. A servidume só xera miseria. Que clase de orgullo é o orgullo da clase? Compre abolila, compre abolila. Destruír o que nos destrúe. Por fin a cada relación de poder. Arrincar de nós as garras do monstro. Fuxir do espellismo espectacular para afundir á besta no averno. Valemos máis do que producimos.

Тексты песен добавлены czeski21 - Изменить эти тексты песен