Mileth : Cancioneiro da Enxebre Escuridade

Pagan Folk / Spain
(2012 - Self-Released)
Learn more

Lyrics

1. CANTAR DE CEGO POS XORDOS

Cego o meu canto,
Vellos Nemetatos,
Cantigas escuras
Pos xordos bardos.

Bordón sen zanfona
Non paga a bola,
Gaita sen palleta,
Cego sen peseta.

Gorxa doente
O pobo non aplaude
Seica berras moito
Téñente por tolo.
Enxebre escuridá
A ti che danzo
Pautarei co demo
Antes que colle-lo sacho!

Ai la le lo ai la la! Eu non sei outro cantar,
Que se me tiras do fol aturuxo no Luar.
Ai la le lo ai la la! Xa que teño pandeirá
Invocarei ós xordos pra bailares meu cantar.

Folklore das mil linguas
Nun país dun só cantar
Trobar sen ollos
Do sentir ancestral.


2. CUARTA PREGARIA NA LÚA MORTA

Prima morte, luar de Xuno,
Danzas do xear plenilunio,
Almas que migran ó alén,
Beberaxe sacro de mel.
Altar de raíces en pedra,
Cantar do lume nas tebras,
Borralla que curas o mal
De aire do mortuorio expirar.

Lúa morta, fúnebre portal!
Ritos de negra cinza,
Elementos sen vida,
Dos cornos do cervo alado
Invoco ó portal sagrado.

Lúa vella, bendice as mareas.
Lúa nova, molla a terra co teu tronar.
Crecente luar, mata o verme do famento.
E no minguar, silencia o lamento.

Condenada a ser devorada
Boca do lobo, eterna pousada,
Leito de guerreiros vencidos,
Ventre de bechos renacidos.
Morto o sol nas ardentes agullas,
En romaxe honramos á lúa,
Cantares á Deusa Branca,
Xaneiro troba a matanza.

Lúa vella, bendice as mareas.
Lúa nova, molla a terra co teu tronar.
Crecente luar, mata o verme do famento.
E no minguar, silencia o lamento.

Lúa morta, fúnebre portal!
Sombras, ermo xerme,
Envolves en pel de serpe
O sexo que estéril dorme
Ata o luar crecente.

Noite de morto plenilunio: resurrección
Deusas do inverno infecundo: Reencarnación.

Astro de cuarto crecente, raios do tolear,
Curuxa que dorme, semente de ervellas, veleno do namorar.
Na mentira dos cornos do cuarto minguar
Escoita o xaneiro, retorna a alma dos nosos guerreiros

Prima morte, luar de Xuno,
Danzas do xear plenilunio,
Almas que migran ó alén,
Beberaxe sacro de mel.
Altar de raíces en pedra,
Cantar do lume nas tebras,
Borralla que curas o mal
De aire do mortuorio expirar.
Condenada a ser devorada
Boca do lobo, eterna pousada,
Leito de guerreiros vencidos,
Ventre de bechos renacidos.
Morto o sol nas ardentes agullas,
En romaxe honramos á lúa,
Cantares á Deusa Branca,
Xaneiro troba a matanza.

Lúa morta!

Lúa vella, bendice as mareas.
Lúa nova, molla a terra co teu tronar.
Crecente luar, mata o verme do famento.
E no minguar, silencia o lamento


3. ESPERTA! LETÁRXICA E ERMA FRAGA

Danzan as meigas no oculto brumar,
Pautan co demo o seu espertar.
Retorcen as hedras do pedregal,
Do círculo ergue a vida colosal.

Lume lanzal, escoita o berrar ancestral.
Lúa chea, verte o sangue sobre o val.
Cornos do mal, concibir o meu espertar.
Letárxica fraga, esperta co meu cantar.

O orballo alimenta túa alma,
O lume novo arreda o inverno,
Da terra brota o teu corpo,
Esperta mística do ermo.

Sucumbe memoria ó bautismo
Sombreade lembranzas ós pinos

Formosa alborada de cortiza branca,
Garrida xeada con ósos de pedra,
No sentido do sol danzan as chamas,
No caos emerxe a fraga.

Brancos curutos, bóveda dos ventos,
Resplandece verde prado ós lamentos.
Escuma da vida, esculpe teu danzar
Pagás invocacións ós elementais.

Reliquia que futura terra fertiliza,
Sobre ira que leda brúa na brisa,
Morre o serán ós nosos ollos,
Renace Bríxida no crisálido soño.

E na danza do teu mirar vexo castros, vexo o mar…
E nos beizos do teu Imbolc vexo a arder a lúa, vexo xear o sol…

Esperta! No que foi dourado chan,
Esperta! Onde tornou xélida a man,
Voltan as follas no alto a sombrear,
A verde ultraxe da cíclica fraga-nai.

lyrics added by sicario23 - Modify this lyrics