Xerión : O Espírito da Fraga

Black Pagan / Espagne
(2001 - Nigra Mors)
En savoir plus

Les paroles

1. NA NOITE DOS TEMPOS

Na noite o murmurar do druída
Resoa na miña mente
Mentres no meu corazó
Aluméanme o valor e o honor
O meu espírito é libre
Aínda que o quíe a soidade
Os hipócritas endexamais
Terán a miña ialma
Nos verdes montes da Galiza
Pasea o meu corpo
Mentres o espírito dos antergos
Téndeme unha man sinceira
Na noite dos tempos...


2. MEDULIO

Na fría noite das nosas vidas
Arde o recordo dos tempos pasados
Tempos gloriosos, tempos escuros
Que as xoves almas non han sembrar
A triste ameaza da escravitude
Asolaga o corazón dos que quedan
As árbores son testemuña da última reunión
O xuramento resoa alto, no ceo
Logo silencio, amarga calma
E os corpos inertes agardan
A néboa cúbrea lodo á ialba
Ollos aterrados buscan o camiño
Tercan o monte paseniñamente
Mais a súa victoria non é tal
Mais a pesar da nosa morte
De derrota en derrota, ata a victoria final


3. NA SOIDADE

(Instrumental)


4. O ULTIMO SONO DO DRUIDA

Máis aló do circulo de pedra
Está a porta da nosa Eternidade
O voar silencioso do corvo guíanos
A través deste camiño de sufrimento
Na frondosidade do noso recordo
A lira do bardo chora unha despedida
As bágoas do escepticismo
Inundan os nosos aflixidos corazóns, en vano
A miña alma foi enmeigada
Polos sortilexios da
Soidade
Só os máxicos sons da noite
Alentan a miña experiencia coma un mortal
O odio está collendo raices na miña mente
As caveiras dos hipócritas serán esmagadas polas miñas palabras
As xélidas mans da tormenta abrázanme
A súa falsedade será soterrada no sanguento fango
O fogo purificador consume
O seu derradeiro e cálido sorrir
Máxicas criaturas homenaxéan
Enfronte da pila funeraria
O círculo foi competado
Pola invisible escritura do
Destino
Mais a verdade será deformada
Polo inexorable paso do tempo...


5. O ESPIRITO DA FRAGA

A lúa sobre fraga
Teas alumeando o cadáver
Os escuros ouveos dos lobos
A súa presencia a través da habitación
Mentres observamos o cadalsito
A néboa entre as árbores
Chuvia de tristes bágoas
Os mouchos ollando as sombras
Sangue paralizado polo medo
Porque ninguén desexa morrer... (pobres)
Alguén susurra... a alma cruza os círculos
Alá ao lonxe, soa música de funeral
Seres milenarios ollan a escura aflicción
Prisión inerte, enfeitizante frialdade
Retorna á terra
O Reino da Inmortalidade
A túa memoria olvidada
Eles a adornarán con flores
O teu sono rematou
E o teu espírito vaga polos camiños
Do meu recordo
Ti, o derradeiro
Agora, voa ó descoñecido

paroles ajoutées par gg_jaime - Modifier ces paroles